O Torneo Maxistral de Xadrez comezará este mércores 5 de setembro

O Torneo Maxistral de Xadrez comezará este mércores 5 de setembro
O Torneo Maxistral de Xadrez comezará este mércores 5 de setembro

A competición celebrarase na Sala de Usos Múltiples do Colexio de Fonseca (antigo comedor)

Dende este mércores 5 e ata o 13 de setembro terá lugar na cidade o I Torneo Maxistral de Xadrez, un evento único no que algúns dos mellores xadrecistas galegos terán a oportunidade de enfrontarse a destacadas figuras mundiais co obxectivo de acadar os títulos de Mestre e Gran Mestre Internacional.


A competición celebrarase na Sala de Usos Múltiples do Colexio de Fonseca (antigo comedor), onde hoxe martes 4 ás 11.30 horas o reitor da USC, Antonio López, presentará a competición. 

Neste acto para os medios, ao que tamén acudirán algún dos xadrecistas que participarán no torneo, López estará acompañado do alcalde da cidade, Martiño Noriega; dos presidentes da Federación Galega e Española de Xadrez, Gaspar Pérez e Javier Ochoa, respectivamente; e do presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela, todos eles representantes de entidades colaboradoras.

Comentarios
Lo más