530 persoas puideros disfrutar a XXX Festa dos Maiores de Brión

530 persoas puideros disfrutar a XXX Festa dos Maiores de Brión
530 persoas puideros disfrutar a XXX Festa dos Maiores de Brión

A festa estivo presidida polo alcalde de Brión, José Luís García, que foi o encargado de dar a benvida a todos os participantes

Un total de 530 persoas, maiores de 65 anos e os seus cónxuxes ou parellas, participaron este domingo 2 de setembro na edición número 30 da Festa dos Maiores de Brión, unha das máis antigas que se celebran en Galicia. 

O tempo acompañou, o que fixo que o baile de fin de festa se estendera ata ben pasada a tarde xa que non foron poucos os veciños e veciñas que se animaron a botar unhas bailas a pesar da calor.

A festa estivo presidida polo alcalde de Brión, José Luís García, que foi o encargado de dar a benvida a todos os participantes. Despois celebrouse unha misa no patio do IES de Brión, cedido pola entidade educativa, e que deu paso ao tradicional xantar de confraternidade no pavillón polideportivo de Pedrouzos. 

Un xantar onde as persoas participantes recibiron un pequeno xerro de cerámica de Buño como agasallo conmemorativo da festa. A música correu a cargo un ano máis do grupo de gaitas da Asociación Xoldra de Folclore Tradicional, de Rois.

Comentarios
Lo más