O informe municipal declara incompaltible a instalación da planta de residuos da Casalonga

O informe municipal declara incompaltible a instalación da planta de residuos da Casalonga
Plataforma Casalonga Limpa de Residuos
O informe municipal declara incompaltible a instalación da planta de residuos da Casalonga

A plataforma e a poboación afectada que representa continúan mobilizadas e non desbotan iniciativa ningunha ata conseguir cambios na normativa que garantan que o monte da Casalonga sexa un espazo libre de plantas de tratamentos de residuos

O Concello de Teo xa conta co informe de compatibilidade urbanística solicitado en relación á planta de residuos que a empresa Toysal quere instalar na antiga canteira de Casalonga. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, informaron desto en rolda de prensa no Concello. Onte remitiuse á Dirección Xeral de Calidade Ambiental o informe que considera que "de conformidade co artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 1/2016, de 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de prevención e control integrados da contaminación, que a actividade contida no proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude de autorización ambiental integrada das instalacións de xestión de residuos situada en Teo, non é compatible co PXOM de Teo e a demais normativa urbanística de aplicación". 

Rafael Sisto explicou que "os servizos técnicos municipais levan tempo traballando nun documento que mantén que o proxecto de Toysal é incomplatible urbanísticamente e agora é o momento de que a Xunta cumpra e peche a tramitación do expediente de Toysal" e como indicou Uxía Lemus, concelleira de Urbanismo, "o faga coa mesma premura que se nos esixía a nós para a emisión do informe".

Por outra banda os responsables municipais destacaron que unha vez pechado este expediente e descartada esta primeira ameza sobre Teo "a nosa prioridade é conseguir un cambio lexislativo que evite este tipo de instalacións neste tipo de solo en zonas residencias tan preto de núcleos de vivendas".

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos valora positivamente as conclusións do informe técnico e os argumentos utilizados polo arquitecto municipal. A plataforma resérvase a posibilidade de reforzar ditos argumentos con outras alegacións no momento e nas instancias oportunas, no caso de que a empresa solicitante continúe insistindo na súa temeraria pretensión de instalar unha pestilente planta de residuos na Casalonga.

A plataforma e a poboación afectada que representa continúan mobilizadas e non desbotan iniciativa ningunha ata conseguir cambios na normativa que garantan que o monte da Casalonga sexa un espazo libre de plantas de tratamentos de residuos ou doutras instalacións altamente contaminantes. Seguirá loitando por todos os medios que lle permita a lei ata garantir que ningún vertedoiro será instalad

Comentarios