Noia acollerá o 16 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental

Noia acollerá o 16 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental
Noia acollerá o 16 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental

Organizada por Decathlon Santiago, Concello de Noia e Entorno Ambiental, as inscricións poden facerse en decathlon.es/eventos-tienda 



Decathlon Santiago, Concello de Noia e Entorno Ambiental organizan unha xornada de voluntariado ambiental o vindeiro domingo 16 de setembro que pretende reunir a un cento de persoas para realizar unha limpeza da praia do Testal. Unha actividade que se complementará cun obradoiro da natureza e para a que só é preciso anotarse a través da web: decathlon.es/eventos-tienda, seleccionando a tenda compostelá.

José Alberto Escudero Valenzuela, de Decathlon Santiago, explica que “estas xornadas de voluntariado ambiental pretenden devolver ao noso terreo de xogo a pureza que lle roubamos durante as nosas prácticas deportivas” e indica que a iniciativa “se finanza co recaudado coa venda de bolsas e papel de regalo nas tendas Decathlon”.

Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente de Noia, Ángela Neri Arufe, explica que esta iniciativa “é unha magnífica oportunidade para traballar conxuntamente polo medio ambiente e un día estupendo para desfrutar coa familia ou cos amigos”, polo que animou á veciñanza noiesa a participar.

Actividade

Tras facer nidos de paxaros no Pedroso en 2017, o obxectivo da edición de 2018 é reunir a cen voluntarios e voluntarias para facer a limpeza da praia do Testal, compaxinada cun obradoiro da natureza. Unha actividade que terá lugar entre as 10:00 e as 14:00 horas, e que rematará cun xantar tipo picnic para todas as persoas participantes. Un xantar que inclúe tamén un menú vegano.

Os veciños e veciñas de Noia e da comarca que desexen participar na iniciativa, só teñen que anotarse a través da web decathlon.es/eventos-tienda, e acudir directamente á praia ás 10:00 horas. Ademais, tamén sairá un autobús ás 9:00 horas dende Decathlon Santiago de Compostela, con parada na rúa do Hórreo ás 9:15 horas (esquina co ambulatorio), para recoller voluntarios doutros municipios.

Esta xornada de limpeza da praia do Testal está promovida por Decathlon Santiago e será coordinada por Entorno Ambiental, que contará co apoio do Concello de Noia, Fundación Biodiversidad e o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Comentarios