Unha nova proba de agility puntuable para o campionato de España celébrase este fin de semana en Milladoiro

Unha nova proba de agility puntuable para o campionato de España celébrase este fin de semana en Milladoiro
Unha nova proba de agility puntuable para o campionato de España celébrase este fin de semana en Milladoiro

O jumping está conformado por circuítos nos que as zonas de contacto non están presentes, polo que os animas alcanzan maiores velocidades

O club canino Amizar Agility, en colaboración co Concello de Ames, a S.D. Milladoiro, a empresa Arion, da imprenta Alonso e a clínica veterinaria Media Lúa, organiza novamente unha proba dobre puntuable para o campionato de España 2019 da Real Sociedade Canina de España. A proba, que se celebrará o 8 e o 9 de setembro, terá lugar no campo de fútbol do Milladoiro.

Así, en función do tamaño dos cans, estes serán divididos en tres categorías diferentes: mini, midi e estándar. A primeira inclúe animais que saltando non conseguen superar os 30 centímetros. A segunda abrangue aqueles outros cuxo chimpo acada alturas de 40/50 centímetros. A terceira das categorías, a estándar, inclúe os cans de maior tamaño que conseguen realizar saltos de ata 60 centímetros.

Asemade, a competición presenta tres graos diferentes. O primeiro equivalería a un nivel de iniciación, en tanto que o segundo sería un nivel intermedio. O terceiro dos graos é o máis elevado da competición, ao presentar maiores esixencias para os animais e pistas de maior dificultade.

Así mesmo, cada un dos graos conta con dúas probas: o jumping e o agility. O jumping está conformado por circuítos nos que as zonas de contacto non están presentes, polo que os animas alcanzan maiores velocidades. O agility, ao contrario, si que presenta zonas de contacto, as cales deben ser tocadas polas cans no desenvolvemento da proba.

Comentarios