Critican o cambio do criterio do PSOE na suba dos prezos da AP-9

Critican o cambio do criterio do PSOE na suba dos prezos da AP-9
Critican o cambio do criterio do PSOE na suba dos prezos da AP-9

Martín Fernández subliñou que “tanto a Xunta como o PPdeG continuaremos loitando, como fixemos en todo momento e gobernara quen gobernara, para o traspaso da titularidade da AP-9 á Comunidade galega"

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou onte “o rotundo cambio de opinión vivido polos socialistas galegos, encabezados polo novo delegado do Goberno en Galicia, en relación á suba da peaxe da AP-9, xa que pasaron de pretender que o Ministerio de Fomento asumira este aumento a defender que sexan os usuarios os que directamente sufran unha suba das peaxes a través do Real Decreto que está preparando o Goberno de Pedro Sánchez”.

“Non sei que cara lle queda ao voceiro parlamentario dos socialistas coas declaracións do delegado do Goberno difundidas hoxe, porque bota totalmente abaixo a proposta que o señor Leiceaga facía a finais do pasado mes de novembro para que Fomento destinara a ‘perfectamente asumible’ cifra de 300 millóns de euros para asumir as obras de ampliación da AP-9 e deste xeito non repercutise a través das peaxes no peto dos usuarios desta autoestrada”, sinalou Fernández Prado.

ESTUDO RIGOROSO DO GOBERNO CENTRAL

Así mesmo, Martín Fernández subliñou que “tanto a Xunta como o PPdeG continuaremos loitando, como fixemos en todo momento e gobernara quen gobernara, para o traspaso da titularidade da AP-9 á Comunidade galega, o mantemento da Comisión Mixta Xunta-Ministerio e as súas reunións periódicas, a prestación dun servizo de calidade e a adopción de medidas ante situacións excepcionais no caso de retencións”. 

Neste sentido, avogou “pola elaboración por parte do Goberno central, que é quen ten competencias sobre a AP-9, dun estudo rigoroso sobre as alternativas ás peaxes e o rescate da actual concesión”.

“O señor Losada esquece que a causa desta suba das peaxes na AP-9 está nas obras de ampliación da Ponte de Rande, unha decisión que data do ano 2011 cando o Goberno socialista de Zapatero, con José Blanco de ministro de Fomento, e que foi aprobada 48 horas antes das eleccións xerais”, lembrou o portavoz popular. Neste sentido, engadiu que “a trampa apareceu despois das eleccións, cando na publicación deste acordo se descubriu que incluía unha suba das peaxes do 1 por cento anual durante 20 anos, sen que se dignaran a meter algunha outra medida paliativa para os usuarios”.

Comentarios
Lo más