PxA e PP: "Ao alcalde José Miñones quédalle grande o goberno de Ames"

PxA e PP: "Ao alcalde José Miñones quédalle grande o goberno de Ames"
PxA e PP: "Ao alcalde José Miñones quédalle grande o goberno de Ames"

“Sigue facendo propaganda, maquillan as estatísticas e a Subdelegación do Goberno anuncia medidas que logo non cumpre"

“Definitivamente ao alcalde José Miñones quédalle grande o goberno de Ames, incapaz de xestionar algo tan importante como a seguridade, convoca tarde mal e motivado pola presión de PP e PxA unha Xunta Extraordinaria de Seguridade á que non acude ningún membro da Policía Local de Ames, primeira vez que ocorre isto” afirman dende o PP e Pacto x Ames.

“Sigue facendo propaganda, maquillan as estatísticas e a Subdelegación do Goberno anuncia medidas que logo non cumpre ou cumpre con grandes matices e grandes eivas a fin de pasar de puntillas e cubrir o expediente dun problema que leva enquistado en Ames dende hai anos e que agora, e debido a incompetencia do tripartito coa complicidade da Subdelegación do Goberno, está nun punto altamente preocupante”.

Estes dous partidos afirman que “o tripartito e a Subdelegación do goberno maquillan unhas cifras que están moi lonxe de ser reais, cuantifican de xeito global e non parametrizan as denuncias individualmente e polo tanto o resultado está distorsionado e non reflicte a realidade, non hai máis que ver como, a efectos estatísticos, tratouse a xeira de roubos acontecidos no primeiro semestre deste ano. Por se isto non abondara, os peches das instalación da policía local e do cuartel do Milladoiro xa é vox púpuli, está na rúa e a veciñanza atópase entre un estao de resignación e cabreo”.

“A imaxe que se producía o pasado 1 de setembro no cuartel do Milladoiro, colgando un cartel na porta das instalacións que textualmente di “en caso de urgencia llamar al 062” empeza a ser algo habitual e demostra que dende a oposición tratamos este tema con unha escrupulosa seriedade é que soamente saímos aos medios de comunicación para denunciar este tema cando as evidencias así o requiren, ao contrario do que fan dende o Goberno de Ames, dedicado á propaganda e a airear datos relevantes á vez que pide por Whatsapp discreción á oposición, para logo intentar endosarlle unha responsabilidade que é en exclusiva do rexedor”.

Comentarios