O Concello pon en marcha un proxecto piloto para a creación dun servizo de atención temperá

O Concello pon en marcha un proxecto piloto para a creación dun servizo de atención temperá
O Concello pon en marcha un proxecto piloto para a creación dun servizo de atención temperá

Esta acción realízase a través dunha subvención do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

O Concello pon en marcha un proxecto piloto para a creación dun servizo de atención temperá en Teo. Esta acción realízase a través dunha subvención do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. As actuacións neste ámbito funcionarán dende primeiros de setembro ata finais de outubro, coa intención de coñecer de primeira man a demanda real deste servizo no municipio.

Este servizo, que funcionará os martes e venres en horario de 9:00-14:00 horas na Casa Común de Oza e de 15:30 a 20:30 horas na escola infantil dos Tilos, está destinada aos menores de 0 a 6 anos do Concello que estean afectados/as de xeito transitorio ou permanente por algún trastorno no desevolvemento ou teñan risco de padecelo.

Os profesionais de atención directa cos que contará o servizo son psicólogo/a, logopeda e terapeuta. Entre as prestacións que realizarán destacan as seguintes: diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as; desenvolvemento psicomotor e cognitivo; desenvolvemento da linguaxe e comunicaicón, da autonomía, da área social e afectiva así como dar apoio, información e formación á familia.

Para accedera ao servizo, que se coordina dende o Departamento municipal de Benestar, hai que contactar previamente cos seguintes teléfonos: 981.809.707 ou 604.007.521 ou enviar un correo electrónico a atenciontemperateo@gmail.com.

O edil de Benestar, Ignacio Iglesias, explica que "trátase dunha aposta do Concello de Teo por ofertar un servizo que non existe en case ningún concello e pensamos que pode ser moi beneficioso para os nenos de 0 a 6 anos que precisan este tipo de reforzos".

Fondos europeos

Para o desenvolvemento deste programa, nesta ocasión, cóntase co financiamento da Xunta de Galicia e da Unión Europea. A subvención cubre o 90% do proxecto.

Fondo Social Europeo, o FSE inviste no teu futuro

Os gastos asociados á contratación para o desenvolvemento do proxecto piloto para creación de un sevizo de atención temperá no concello de Te, contan con financiamento do FSE no marco do obxectivo temático ”Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, e ca intención de coñecer a necesidade de implantación de un servizo de atención temperá neste municipio que complete a atención e desenvolvemento de menores de 0-6 anos afectado de trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Comentarios