O alcalde de Touro ante as denuncias de obras sen autorización en terreos da mina: "Tampouco fai falta licenza para plantar coles".

O alcalde de Touro ante as denuncias de obras sen autorización en terreos da mina: "Tampouco fai falta licenza para plantar coles".
O alcalde de Touro ante as denuncias de obras sen autorización en terreos da mina: "Tampouco fai falta licenza para plantar coles".

Para Aldea Viva "este é un dos moitos exemplos que son chave para comprender a situación actual dos ríos de Touro"

"A connivencia e desleixo do alcalde Ignacio Codesido (agora PP) e os seus gobernos caras actuacións irregulares de Explotaciones Gallegas na mina de Touro son a constante na vida política do rexedor" revela a asociación Aldea Viva.

"Explotaciones Gallegas, socia principal da sociedade Cobre San Rafael que pretende reabrir a explotación mineira, adquiriu os terreos e con eles os dereitos e pasivos ambientais a finais dos anos 80. Foi co rexedor Ignacio Codesido dende mediados dos anos 90 que se xestou o desasastre ambiental que padecen actualmente os ríos da corta de Touro (Felisa, Portapego, Ameneiro-Lamas) debido a actuacións contrarias ao proxecto de restauración, tales como o desmantelamento da canle perimetral, recheos con materiais contaminados ou a utilización dos terreos como macrovertedoiro".

"As reiteradas denuncias veciñais por estas actuacións bateron sempre co posicionamento do alcalde Codesido, partidario de deixar facer á empresa propietaria, aínda que para elo tivera que recorrer a argumentacións esperpénticas como sucedeu no Pleno da Corporación do 31 de marzo do 2000" “tampouco fai falta pedir licenza para plantar coles", afirmou o alcalde de Touro.

Para Aldea Viva "este é un dos moitos exemplos que son chave para comprender a situación actual dos ríos de Touro".

Comentarios