Homenaxe a Xerardo Fernández Albor no Parque Bonaval

Homenaxe a Xerardo Fernández Albor no Parque Bonaval
Homenaxe a Xerardo Fernández Albor no Parque Bonaval

Xerardo Fernández Albor, primeiro presidente de Galicia elexido polo Parlamento de Galicia, vicepresidente do PP, Presidente de Honra do PP de Santiago e impulsor da incorporación do galeguismo no Partido Popular de Galicia, faleceu o pasado 12 de xullo

Hoxe, 7 de setembro, a partir das 17:30 horas celebrarase no Parque compostelá de San Domingos de Bonaval un acto en memoria de Xerardo Fernández Albor, coincidindo co día do aniversario do seu nacemento.

No acto, que terá carácter libre, está previsto que participen, entre outras persoas, o seu neto Adrián Fernández-Albor Batallán; o catedrático da USC e presidente do Foro "Galicia Milenio", Marcelino Agís; o presidente local do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández; e o presidente do Partido Popular de Galicia e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Xerardo Fernández Albor, primeiro presidente de Galicia elexido polo Parlamento de Galicia, vicepresidente do PP, Presidente de Honra do PP de Santiago e impulsor da incorporación do galeguismo no Partido Popular de Galicia, faleceu o pasado 12 de xullo. 

O 23 de xullo oficiouse un funeral organizado polo Goberno galego na Catedral de Santiago e hoxe, coincidindo co día no que cumpriría o seus 101 anos, o Partido Popular promove este acto na memoria de quen mereceu, entre outras moitas distincións, a medalla de Ouro de Galicia (2009), a Medalla de Ouro da Cidade de Santiago e o nomeamento de Fillo Predilecto da Cidade (2009), a Gran Cruz da Orde de Isabel La Católica (2013) ou a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo (2017).

Comentarios
Lo más