O Grupo Popular reclámalle ao Goberno de CA unha baixada xeneralizada de impostos

O Grupo Popular reclámalle ao Goberno de CA unha baixada xeneralizada de impostos
O Grupo Popular reclámalle ao Goberno de CA unha baixada xeneralizada de impostos

"Os resultados das liquidacións orzamentarias demostran que se trata dunha medida posible e viable”

"A voracidade recadatoria do Goberno de Compostela Aberta está a propiciar unha excesiva presión sobre as economías da veciñanza" unha cuestión que o Grupo Popular "considera que se debería abordar cunha baixada “con carácter xeral” dos impostos que actualmente gravan bens e servizos no ámbito municipal". 

Incremento de ingresos tributarios

O portavoz popular, Agustín Hernández, indicou onte que, "a pesar da acción coordinada de socialistas e populares que impediu no inicio do actual mandato unha suba ao 0,57% no tipo do IBI que propoñía o Goberno, os ingresos tributarios que recollen a sucesivas liquidacións dos orzamentos demostran un marcado incremento nos últimos anos".

Así, "durante o ano 2015 a previsión de ingresos por impostos directos calculábase en 40,4 millóns de euros e finalmente os ingresos obtidos por este concepto eleváronse a 41,9 millóns de euros. É dicir, recadáronse 1,5 millóns de euros máis do previsto inicialmente. No ano 2016 esa diferenza entre o previsto e o efectivamente recadado aumentou a 3,2 millóns de euros (40,5 M€ fronte a 43,7 M€) e no ano 2017 volvéronse a recadar 1,9 millóns de euros máis do previsto inicialmente (41,8 M€ / 43,7 M€). E a pesar dos continuos incrementos na recadación de ingresos, o Concello non chegou a gastar o orzamentado, posto que a media anual de execución do capítulo de investimentos apenas supera o 23%".

Suba dos valores catastrais

Hernández lembrou, ademais, "que durante o ano 2010 o Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas aprobou unha suba dos valores catastrais a toda a veciñanza que se traduciu nunha suba da ponencia ata o ano 2020, pasando dunha recadación de 21,4 millóns de euros de 2010 ao contorno dos 33 millóns de euros de 2018, co que cada ano pagamos máis sen que cambie o tipo; e tamén neste ano 2018, como consecuencia da regularización catastral, emitíronse liquidacións complementarias a veciños e veciñas “que nos saibamos máis de 8.000, por un importe próximo aos 5,6 millóns de euros”. A pesar de ter solicitado información ao Goberno sobre este aspecto no mes de xullo, o grupo popular segue á espera da información concreta “pero non temos dúbida que hai moita xente que xa recibiu as liquidacións complementarias”.

Comentarios