David Santos e Uxía García proclámanse gañadores da XXII Carreira Popular do Concello de Ordes

David Santos e Uxía García proclámanse gañadores da XXII Carreira Popular do Concello de Ordes

David Santos completou os 9.500 metros do percorrido en 29´58´´

Un ano máis o atleta local David Santos Domínguez proclamouse vencedor dunha nova edición da Carreira Popular Concello de Ordes na categoría absoluta, que este ano celebrou a súa vixésima terceira edición. David Santos completou os 9.500 metros do percorrido en 29´58´´, seguido de Jose Lojo (30´13´´) e Amador Pena Torreira (32´17´´). Na categoría feminina o primeiro posto foi para Uxía García (38´31´´), mentres que o segundo e o terceiro foron para Martina Tasende Andrade (45´34´´) e Estefanía Hernández García (45´56´´).

Nas categorías Sub 10 (1000 metros) Juan Mosquera Loureiro acadou a primeira posición seguido de Bruno García Blanco e Pablo Ferreiro Álvarez, mentres que Alma Bello, Sofía Penas e Noa Vilariño respectivamente acadaron os mellores tempos na categoría feminina. Na categoría Sub 12 (1000 metros) os tres primeiros clasificados foron Alejandro Couselo, Simón Fernández e Raúl Gude, así como Noa Rey, Antía Calvo e Vera García. Xa na categoría Sub 14 os vencedores e vencedoras foron Pablo Codesido, Jahvé Suárez, Ainoa Gontán, Diana Mosquera e Mariña Rey, mentres que na Sub 16 os máis destacados e destacadas foron Daniel Neira, María Pena e Sahara Andrea Suárez.

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira, foron os encargados de facer a entrega de premios, na que ademais dos trofeos tamén houbo premios en metálico de 150, 100, 80 e 50 €.

Novamente o Concello de Ordes contou coa colaboración de importantes firmas comerciais da zona para o desenvolvemento desta cita. Entre elas destacan Infantilandia, Cola Cao, Carnicería Enrique, Seguros Reale, asesoría Jaime Castro, Pazo Bidueiro, Feiraco, Eroski, Nocilla e froitería A Nova.

Comentarios