Compostela recibe ao deportista Borja Golán despois de proclamarse campión de squash por segunda vez

Compostela recibe ao deportista Borja Golán despois de proclamarse campión de squash por segunda vez

Borja Golán logrou, por segunda vez na súa carreira, o título de campión de Europa de Squash, na cidade austríaca de Graz

O alcalde presidiu hoxe a recepción a Borja Golán, que vén de proclamarse campión de Europa de squash por segunda vez. O deportista compostelán, de 35 anos, mostrouse moi agradecido por este recoñecemento.

Borja Golán logrou, por segunda vez na súa carreira, o título de campión de Europa de Squash, na cidade austríaca de Graz. O deportista recoñeceu que "este título é especial, porque chegou nun momento no que valoraba a retirada por mor dunha lesión". Borja Golán xa conseguira o Campionato de Europa en 2016.

Na recepción, o alcalde incidiu en que "Compostela está orgullosa de Borja Golán, non só polos seus éxitos deportivos, senón por como é como persoa". 

Martiño Noriega referiuse tamén ao proxecto da Cidade da Raqueta, no que está traballando o Concello, e asegurou que "sacar adiante esta infraestrutura, para a que estamos procurando financiamento, sería tamén unha boa maneira de homenaxear a Borja Golán e ao seu deporte". 

Comentarios