Condenados dous homes por matar a golpes a unha muller de avanzada idade

Condenados dous homes por matar a golpes a unha muller de avanzada idade

A muller faleceu no hospital como consecuencia dos golpes que lle propinaron

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo 15 anos de cárcere como autores dun delito de homicidio e doutro de roubo con violencia en casa habitada aos dous acusados de matar a golpes a unha muller de 87 anos na súa vivenda de Lérez durante a madrugada do 30 de xullo de 2016.

Tal e como considerou acreditado por unanimidade o Tribunal do Xurado, os sospeitosos esixiron á vítima que lles entregase diñeiro e para que lles dixese onde o gardaba "comezaron a golpeala reiteradamente e con gran contundencia en diferentes partes do corpo sen importarlles poder acabar coa súa vida". 

Desta forma, obtiveron 35 euros e abandonaron o lugar. A muller faleceu no hospital como consecuencia dos golpes que lle propinaron.

Comentarios