Veciños de Touro puideron disfrutar dunha xornada relaxante no Balneario de Cuntis

Veciños de Touro puideron disfrutar dunha xornada relaxante no Balneario de Cuntis
Veciños de Touro puideron disfrutar dunha xornada relaxante no Balneario de Cuntis

Os interesados na excursión a Salamanca o 29 e 30 de setembro teñen ata o próximo venres 14 de setembro para apuntarse

Un grupo de veciños e veciñas de Touro disfrutou o pasado venres, día 7 de setembro de 2018, dunha excursión ao Balneario de Cuntis. 

Os interesados que se apuntaron á viaxe de lecer saíron de Touro ás 15.00 horas e xa en Cuntis fixeron o circuito lúdico-termal de duas horas de duración. 

Ao final, os participantes, recoñeceron as bondades de ter participado nesta iniciativa organizada polo Concello de Touro, que tamén organizada unha excursión a Salamanca programada para os próximos 29 e 30 de setembro. 

Os interesados nesta viaxe ainda teñen tempo para apuntarse ata o venres próximo 14 de setembro. A excursión visitará Puebla de Sanabria, Salamanca e Zamora.

Comentarios
Lo más