A Cámara de Comercio prepara un taller para a mellora do financiamento das empresas

A Cámara de Comercio prepara un taller para a mellora do financiamento das empresas

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza do 17 ao 21 de setembroun taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxectoempresarial” no viveiro de empresas de Costa Vella, en horario de 10:00 a 14:00 horas. 

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

O taller está destinado a socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral. 

Un dos obxectivos do taller é que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel.

Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de presentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.

Desde a Cámara explican que en moitos casos o éxito ou fracaso empresarial está marcado pola capacidade de dispoñer de recursos financeiros “suficientes” para emprender e guiar con éxito unha startup. “Un de cada cinco proxectos continúa atopando grandes trabas para o acceso ao financiamento ou non se financia da maneira máis axeitado” –sinalan–.

Comentarios