Morre un home nun turismo tras colidir contra un camión

Morre un home nun turismo tras colidir contra un camión
Morre un home nun turismo tras colidir contra un camión

Foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense por parte do 061-Urxencias Sanitarias, pero foi anulado pouco despois ao confirmarse o falecemento do conduto

Un home perdeu a vida esta tarde despois de colidir o turismo que conducía cun camión na N-VI, ao paso pola localidade lucense de Baralla.

O 112 Galicia rexistrou o suceso pasadas as dúas desta tarde tras recibir a chamada de alerta dunha persoa que viu como o coche quedaba encaixado baixo o camión no Lugar da Valiña. 

Así, desde o 112, solicitouse pois a axuda dos Bombeiros de Sarria, que acudiron ao punto cun equipo de excarceración para liberar á vítima. 

Tamén foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense por parte do 061-Urxencias Sanitarias, pero foi anulado pouco despois ao confirmarse o falecemento do condutor do turismo. En canto ao camioneiro, os servizos de emerxencias indicaron que resultou ileso.

Cómpre sinalar que neste operativo participaron, ademais, os membros do GES de Becerreá e os axentes da Garda Civil de Tráfico.


Comentarios