Continúan subindo as temperaturas

Continúan subindo as temperaturas

En Compostela a máxima será de 31 grados e a mínima de 16 grados

Non se agardan cambios significativos para o martes, con Galicia na influencia das altas presións. Así, teremos os ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con presencia de brétemas no litoral atlántico e a formación de nubes de evolución durante a tarde no leste. 

As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente leste en xeral.

En Compostela a máxima será de 31 grados e a mínima de 16 grados. 

Comentarios