O Santiago Futsal quere comezar con forza esta nova tempada 2018/2019

O Santiago Futsal quere comezar con forza esta nova tempada 2018/2019

A escuadra galega recibe a Bisontes Castellón FS este domingo ás 12.30 h en Santa Isabel

O pavillón municipal de Santa Isabel albergará este domingo, e durante toda a temporada, o primeiro encontro do Santiago Futsal na novo curso deportivo 2018/2019. 

Os de Santi Valladares xa preparan unha cita de gran esixencia que servirá para presentarse ante a súa afección e para descubrir un novo proxecto, máis novo e ambicioso.

A posta de longo do conxunto que dirixe Santi Valladares no seu primeiro ano en Segunda División tras o descenso de categoría a pasada temporada terá lugar este domingo 16 de Setembro ás 12.30 h. 

Reciben a un Bisontes Castellón Fs que cumpre a súa segundp ano na categoría de prata do fútbol sala nacional e que rematou o pasado curso na 10a posición da táboa.

Unha proba de gran esixencia que servirá para coñecer o perfil do novo plantel celeste, con actitudes renovadas e con moitas ganas de elevar o nome da cidade de Santiago ao máis alto.

A pretemporada do Santiago Futsal saldouse positivamente cun total de catro vitorias e dúas derrotas; así como o paso aos oitavos de final da Copa de Galicia. 

Os de Santi Valladares lograron impoñerse a Prone Lugo FS (0-5), Campito FS (1-3), Cidade de Narón (2-3) e Noia Portus Aposti (2-1); mentres que só cederon ante Pescados Rubén Burela (2-1) e O Parrulo Ferrol (3-0).

Ao longo desta semana o club realizará as presentacións das seis incorporacións do conxunto esta temporada: Álex Pérez, Lucas Moreira, Dani Branco, Jorge Montiel, Dani 'Zurdo' e Álex Motos.

Comentarios
Lo más