O Parlamento aproba a creación de investigación que reclamou En Marea sobre o sucedido no Marisquiño

O Parlamento aproba a creación de investigación que reclamou En Marea sobre o sucedido no Marisquiño
O Parlamento aproba a creación de investigación que reclamou En Marea sobre o sucedido no Marisquiño

Luís Villares sinala que o Parlamento ten a obriga de investigar e instar a poñer en marcha procedementos para que evitar situacións similares no futuro

O Parlamento de Galicia aprobou a posta en marcha da comisión de investigación sobre o sucedido no Festival Marisquiño, en Vigo. Esta comisión foi reclamada por En Marea e o BNG, aprobada cos votos a favor destas dúas formacións, a abstención do PP e o voto en contra do PSOE. Luís Villares defendeu por parte de En Marea a necesidade que esta comisión traballe para "coñecer o que sucedeu no Marisquiño porque os xulgados se ocuparán do que sucedeu no pasado e o Parlamento pode traballar para previr que isto non volva suceder".

O grupo parlamentario de En Marea defendeu a necesidade de levar a cabo unha investigación a fondo sobre o accidente acontecido no Marisquiño en Vigo despois de que pasado un mes, ningunha das administración involucradas tivo a iniciativa de dar explicacións e facilitar saber por que se produciu o colapso da estrutura, que fallou no sistema institucional de prevención de accidentes en espectáculos de grande aglomeración de xente e que deberíamos facer para que unha cousa así non volva acontecer. “O que si aconteceu foi un cruce de reproches entre malos gobernantes que preferiron sementar a confusión entre as competencias concorrentes para eludir a propia responsabilidade” sinalou o voceiro de En Marea, Luís Villares. “A cidadanía galega en xeral e a viguesa en particular asistiu atónita a unha actitude infantil de acusar aos demais que só se explica en clave estritamente partidaria e de defensa de intereses particulares, pero nunca pensando no ben común” lamentou.

Ante esta inoperancia dos nosos gobernantes, o grupo de En Marea, facéndose eco das demandas cidadás, centraron os seus esforzos a instar espazos de reflexión e análise sosegada sobre o acontecido nunha comisión de investigación. Esta proposta foi presentada no Concello de Vigo e no Parlamento porque existen tres motivos que o xustifican, relacionados co ámbito competencial deste Parlamento.

A normativa de supervisión e control dos espectáculos públicos de masas, como o Marisquiño, que corresponde regular ao Parlamento de Galicia, e distribúe competencias en materia de autorización, supervisión, reparto de responsabilidades e réxime de sancións, no seu caso. A falta dunha atribución clara desta función por si soa debera cuestionar a redacción do texto e abrir unha reflexión sobre a conveniencia do seu axuste á vista da experiencia vivida. O reparto competencial facía atribucións á Xunta de Galicia en materia de inspección, de verificación do cumprimento das circunstancias que se din concorrentes en materia de seguridade. Debe abordarse o estudo de que actuación tivo a Xunta neste sentido, e se a resposta foi que ningunha ou se foi insuficiente para detectar os problemas estruturais (á vista está que si), pode suceder que isto sexa algo que se produce dentro da legalidade ou por infracción da norma. Neste último caso deberanse de esixir responsabilidades políticas (e tal vez disciplinarias) e no primeiro, debe cuestionarse a eficacia do marco legal.

Xa no seu momento En Marea advertiu do despropósito competencial e do inequitativo reparto de responsabilidades sobre todo en relación aos organizadores do evento, cara os que non cabe fuxir para evadir a propia responsabilidade, como por certo fixo López Veiga durante estas semanas. O grupo parlamentario presentou unha emenda á totalidade e máis de sesenta emendas parciais que no que agora interesa non foron admitidas pola ponencia.

O voceiro de En Marea sinalou que a regulación dos usos dos espazos públicos portuarios de interese galego, un total de 122 en todo o país, nos que se celebran continuamente espectáculos que congregan multitudes e cuxa regulación corresponde á Comunidade autónoma de Galicia. A pregunta é si temos unha lexislación clara sobre a distribución de competencias no espazo portuario galego para a celebración de eventos abertos ao público, se existe seguridade xurídica para as entidades organizadoras, pero sobre todo, se poden estar tranquilos de saber que hai unha administración que vela para que os lugares aos que acoden á chamada de eventos multitudinarios. “Podemos sentirnos seguros con esta regulación e con esta administración autonómica?” preguntou Luís Villares.

Por outra banda, o nomeamento do Presidente da Autoridade portuaria é competencia da Xunta de Galicia, concretamente da consellería do Mar polo que o grupo parlamentar de En Marea considera necesario analizar se este desenvolveu as súas funcións correctamente, se debe o goberno galego seguir mantendo a confianza en López Veiga, e pregúntase que fixo respecto ao tema de mantemento técnico da estrutura e se tiña indicación sobre o mantemento a facer unha vez no seu préstamo. “É prudente manter no cargo a quen se dedicou a negar totalmente e de forma incluso temeraria, calquera responsabilidade sobre” cuestionou o voceiro de En Marea.

“E preciso levar a cabo unha investigación no Concello, Estado ou xudicial para evitar que isto volva a suceder” sentenciou Villares.

Comparecencia decepcionante

O voceiro de En Marea, Luís Villares, cualificou de decepcionante a comparecencia do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, xa que pese a que a resposabilidade da administración pública galega ten varias frontes, a comparecencia centrouse nunha soa delas e de forma incompleta. Unha das responsabilidades que obvia ten que ver co nomeamento e cese do presidente da Autoridade portuaria, polo que En Marea pedirá explicacións á propia conselleira.

“O normal é que o abochornado” dixo Villares referíndose ao presidente da Xunta “explicase todas as actuacións dos seus diferentes departamentos, el, que é quen dirixe politicamente toda a Xunta, e non nos deixe cunha explicación parcial, porque o papel de López Veiga é seguramente o máis controvertido, inexplicable e de comportamento máis extravagante de cantos se levan escoitado esta temporada”.

“Son máis elocuentes os seus silencios que as súas explicacións” afirmou Villares na resposta á comparecencia do vicepresidente da Xunta. Así, quedou claro que ninguén inspeccionou a estrutura “As simples dúbidas sobre este simple feito poñen en cuestión toda a sistemática, a redacción de contidos e a atribución de responsabilidades en materia de réxime autorizatorio de espectáculos públicos” explicou Villares.

Existe tamén baleiro normativo no relativo a solicitude de ocupación temporal de vía pública no Expediente do Marisquiño. Cando esa vía pública ten unha configuración xurídica particular, en relación a titularidade e uso; e singular en canto ao tipo de estrutura.

Sen embargo, a actividade requiría licenza municipal, ao ser necesario plan de autoproteción (así o obriga o art. 41 da Lei 9/2013, en redacción dada pola Lei de Espectáculos). En función do público estimado e o aforo previsto (segundo o documento, entre 40 e 50 mil persoas) o plan era obrigatorio, porque era para o conxunto do Marisquiño (aínda que os concertos ou festivais tivesen por separado algúns deles aforos reducidos). “É lóxico que ante a necesidade dun plan de autoprotección a Lei de espectáculos permaneza á marxe?” preguntou o voceiro. “Pero sobre todo, é admisible que un plan de autoproteción por un evento desta magnitude non teña que ser supervisado, sequera no formal, polos Servizos da Dirección xeral de emerxencias, cuxos servizos son os que logo terán que actuar en coherencia co propio plan, chegado o caso?” incidiu.

Villares recriminou a Rueda o “silencio culpable” no relativo ao exercicio das competencias de inspección e control. “Son vostedes o goberno dos incompetentes. Vostedes, unha vez máis, fixeron nun alarde de incompetencia, deixación de funcións. Non lles interesa o máis mínimo a seguridade da xente” denunciou o voceiro de En Marea.

Villares recriminou a falla de vontade de cooperación por parte da Xunta que “de xeito sectáreo con calquera outra administración que non gobernen os seus cofrades populares dá lugar a que non se lles pase nin pola cabeza cooperar co Concello de Vigo, e por iso ignoran flagrante, deliberada e temerariamente o deber de cooperación leal coas administracións con competencias concorrentes”. O voceiro fixo referencia ao artigo que recolle:

1. No exercicio das súas propias competencias, a Administración xeral da Comunidade Autónoma e os concellos facilitaranse a información que precisen en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas e prestaranse reciprocamente a cooperación e a asistencia activa para o eficaz exercicio daquelas.

2. Os órganos competentes da Administración autonómica e da local, no marco das súas respectivas competencias e de acordo cos principios de eficacia, coordinación, colaboración e lealdade institucional, velarán pola observancia da normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, exercendo as oportunas funcións de inspección, control e sanción, de conformidade co disposto nesta lei e na demais normativa vixente.

Comentarios