Os veciños de Cornado preocupados pola morte inexplicable de exemplares de troitas no río Lañas

Os veciños de Cornado preocupados pola morte inexplicable de exemplares de troitas no río Lañas
Os veciños de Cornado preocupados pola morte inexplicable de exemplares de troitas no río Lañas

O Lañas é un dos ríos que leva anos sufrindo as graves consecuencias da antiga mina a ceo aberto que tivo lugar en Touro e O Pino

O 10 de setembro de 2018, un dos veciños da parroquia de Cornado en Touro camiñando por un tramo da ruta de sendeirismo PR-G 121 (Ruta Dos Tres Ríos) atopou no punto de desembocadura do río Lañas no Ulla con ata 5 exemplares de troitas mortas en 60 metros. 

Feitos que foron obxeto de denuncia ao Seprona, aos efectos de que proceda a incoar expediente e a adoptar as medidas oportunas.

O Lañas é un dos ríos que leva anos sufrindo as graves consecuencias da antiga mina a ceo aberto que tivo lugar en Touro e O Pino. 

Os veciños levan, moito tempo, denunciando esta situación. Chegando a reunirse co propio Alcalde, no pasado mes de Maio, para que se poña fin a enorme contaminación das augas tanto superficiais como soterradas nuns 65 km2 na contorna da mina.

Sen que, a día de hoxe, a Administración Muncipal, dera traslado aos veciños de ningunha medida que solucione o referido problema de contaminación 

Comentarios