A Tropa Verde colabora co I Concerto Benéfico NormalizAutismo

A Tropa Verde colabora co I Concerto Benéfico NormalizAutismo
A Tropa Verde colabora co I Concerto Benéfico NormalizAutismo

O concerto que celebrarán o 26 de setembro ten como obxectivo recadar fondos para o desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización sobre o TEA

A Tropa Verde vén de poñer en marcha unha colaboración coa entidade NormalizAutismo Galicia, promovendo un sorteo de convites para o I Concerto Benéfico NormalizAutismo, que se celebrará o próximo 26 de setembro na Sala Capitol. Para participar é preciso ser socio ou socia da Tropa Verde e seguir á entidade NormalizAutismo na súa páxina de Facebook.

NormalizAutismo é unha entidade sen ánimo de lucro, promovida por familiares e amigos de persoas con trastornos do espectro autista. O concerto que celebrarán o 26 de setembro ten como obxectivo recadar fondos para o desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización sobre o TEA. A madriña do evento será Rosa Cedrón, que compartirá escenario con artistas galegos como Luís Fercán, David Prado, Jorge Casal, Carmela Pequena e Álvaro Igrexas. Ademais, participarán outros artistas estatais como Jorge Marazu, Txetxu Altube, Mäbu, Virginia Maestro, Siloé, Pablo Moreno, Pol 3.14 e Carlos Suárez.

Para participar no sorteo impulsado pola Tropa Verde, é preciso ser membro deste club impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia para promover a reciclaxe, ser seguidor do Facebook de NormalizAutismo, e compartir a publicación sobre o concerto benéfico. O prazo para participar péchase o 21 de setembro, e ese mesmo día coñeceranse os gañadores ou gañadoras dos tres packs de entradas para dúas persoas.

Entradas

As entradas atópanse á venda on-line a través do portal de Ticketea. A recadación deste concerto irá destinada integramente ao desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización para a mellor comprensión das afeccións que acompañan a este trastorno.

Concello de Santiago, Sónar Directo, Samaria Social, Tropa Verde e Beyla apoian coa súa colaboración esta primeira edición do I Concerto Benéfico NormalizAutismo.

Comentarios