A FANPA de Compostela quere que se convoque o Consello Municipal de Educación

A FANPA de Compostela quere que se convoque o Consello Municipal de Educación

O motivo desta urxencia ven motivada pola necesidade dunha "zonificación nova", asegura Fernando Lacaci, presidente da entidade

A FANPA (Federación de Asociacións de Nais e Pais) dos centros públicos de Compostela piden que o Concello de Santiago constitúa e convoque o Consello Municipal de Educación, tal como ten outros concellos como Ames e Teo.

O motivo desta urxencia ven motivada pola necesidade dunha "zonificación nova", asegura Fernando Lacaci, presidente da entidade. Nas súas palabras, a cidade só dispón dun colexio novo, o Ramón Cabanillas, e o resto dos edificios presentan deficiencias xa que no momento da súa construcción as necesidades dos barrios eran distintas da actualidade.

Lacaci asegura que "nos dous últimos anos do goberno de Bugallo, nos catro dos tres alcaldes do PP e no actual mandato de Noreiga no se convocou o Consello Municipal de Educación". Ademáis quere que o Concello poida colaborar na organización de actividades extraescolares nas tardes, tal como dispón Ames para os seus nenos e nenas censadas.

Comentarios
Lo más