Villares pide un aumento do orzamento da sanidade galega para evitar mortes como o caso da Estrada

Villares pide un aumento do orzamento da sanidade galega para evitar mortes como o caso da Estrada

Desde EnMarea propúxose no pleno unha ampliación orzamentaria destinada á sanidade galega para dotar de máis persoal aos centros sanitarios en Galicia

O voceiro de En Marea, Luís Villares, pediu explicacións ao presidente da Xunta sobre a situación acontencida este pasado mes de agosto no PAC de A Estrada, cando un paciente que acudía a recibir atención falleceu sen recibila. Luís Villares sinalou que no momento enque José Manuel Rey Brea chegou ao PAC, este estaba sen médico e sen enfermeira "como obriga a lei". 

Segundo explicou Villares na súa intervención, "tras unha hora de espera, en urxencias, e sen persoal sanitario o paciente faleceu tras unha indisposición afogado no seu vómito". O voceiro de EnMarea considerou "inmoral" esta situación nun país avanzado.

Desde EnMarea propúxose no pleno unha ampliación orzamentaria destinada á sanidade galega para dotar de máis persoal aos centros sanitarios en Galicia. Tamén se propuxo a creación dunha comisión parlamentaria para esclarecer os feitos.

Para o voceiro de En Marea "a mellor forma de pedir perdón para quen goberna é rectificar os erros, por iso pedimos ao señor Núñez que rectifique a súa política de recortes e dote de persoal a todos os servizos da sanidade galega que agora están afectados pola obsesión do PP de aforrar xusto nos profesionais da sanidade pública". 

Luís Villares considerou na súa interpelacións ao presidente que o sucedido en A Estrada como "absolutamente inmoral". O voceiro de En Marea cualificou de "inaceptable que o SERGAS permita ter un servizo de urxencias sen persoal sanitario un día calquera pola tarde".

Villares sinalou que ademais de inmoral e inaceptable "a situación do PAC de A Estrada é ilegal". Sinalou o voceiro de En Marea que a falta de persoal facultativo nos centros é "contraria ás propias instruccións da Consellería de Sanidade". 

Villares referiuse a unha orde de Sanidade da Consellería de 4 de xuño de 2008, na que se di que todos os PACs deben contar cun Plan funcional que planifique a súa actividade, e debe contar, como mínimo cun estudo de necesidades (horas estruturais), que se traduce enequipos sanitarios traballando no PAC e os criterios para a cobertura das ausencias imprevisibles.

O PAC de A Estrada conta con este plan que establece que un sábado pola tarde o centro debe dispoñer de dous equipos sanitarios. Villares recalcou que "esta é a orde propia orde da consellería e esta é a orde incumprida porque nese momento no PAC había un só equipo e estaba nun servizo fóra do centro".

Villares explicou que despois dunha morte "O SERGAS só ofreceu excusas de mal pagador asegurando que se estaba buscando un segundo equipo pero que non se conseguiu porque é unha falta xeralizada durante todo o verán". 

O voceiro de En Marea tamén apuntou que o problema que está trala morte sen atención médica dun paciente "polos malditos recortes do PP, pola insistencia en poñer o económico por diante do humano".

Por este motivo, Villares propuxo na cámara galega unha modificación de crédito para ampliar os orzamentos da sanidade galega e dotala do persoal necesario para evitar que volvan darse situacións de falta de atención aos pacientes. O voceiro de En Marea considera que hai marxe económica e que o necesario é ter a "vontade de poñer as necesidades das galegas por diante dos recortes que fai o PP".

Comentarios