Aberto o prazo de inscrición para o exame oficial de nivel de lingua xaponesa Noken

Aberto o prazo de inscrición para o exame oficial de nivel de lingua xaponesa Noken

O Centro de Linguas Modernas xestiona a súa celebración na USC


Ao longo do mes de setembro e ata o próximo 2 de outubro é posible formalizar a inscrición no exame oficial de nivel de lingua xaponesa ‘Nihingo Noryoku Shiken’ (máis coñecido en España como Noken) que o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) desenvolverá no mes de decembro na Facultade de Filoloxía. O trámite de inscrición deberá completarse a través da web www.jlpt.es.

Este exame oficial consta de cinco niveis cos seus títulos acreditativos: N5 (correspondentes ao nivel A2-1 aproximadamente), N4, N3, N2 e N1 (equivalente ao nivel C1). O Noken, do que o CLM é centro examinador, é o título oficial de nivel de lingua e é un exame que se convoca dúas veces ao ano a nivel mundial. A proba serve para certificar o nivel de dominio que unha persoa ten do xaponés como lingua estranxeira.

As persoas interesadas tamén poden atopar información na web do Centro de Linguas Modernas.

Comentarios