En Marea obtén o respaldo unanimidade do Parlamento Galego na reclamación da condonación da débeda do Porto da Coruña

En Marea obtén o respaldo unanimidade do Parlamento Galego na reclamación da condonación da débeda do Porto da Coruña

Pide tamén ao goberno central que impulse os plans de investimentos en todos os Portos de Estado en Galicia, a conexión ferroviaria con Punta Langosteira

A reclamación de En Marea para que o Porto da Coruña reciba un trato análogo que o Porto de Valencia e para que todos portos de interese estatal en Galicia reciban un trato igualitario foi respaldado de maneira unánime polo Parlamento de Galicia. Antón Sánchez defendeu no Parlamento de Galicia un trato igualitario para os portos galegos de interese estatal. A proposta de En Marea votada polo Parlamento de Galicia, defendía tamén a igualdade de trato do Porto da Coruña e a condonación da súa débeda para evitar a venda do seu litoral.

Na proposta de En Marea tamén se prevé a creación dunha entidade que se ocupe da xestión do novo horizonte litoral que resultará da liberación dos terreos da fachada marítima coruñesa. No mesmo sentido, o Parlamento de Galicia instará ao goberno central a acometer a conexión ferroviaria con Punta Langosteira de maneira que poida ser incluída nos orzamentos do Estado do 2019 e licitada no primeiro semestre do mesmo ano.

O texto aprobado preve "Dirixirse ao Goberno central para que impulse os plans de investimentos de Portos do Estado en Galicia, así como as necesarias medidas normativas e orzamentarias que garantan ás autoridades portuarias galegas os necesarios mecanismos de financiamento dos programas de investimento previsto en cada unha delas e a asunción das cargas financeiras contraídas pola execución das infraestruturas necesarias para a súa operatividade e competitividade".

Ademais de pedir un trato igualitario para todos os portos de interese estatal en Galicia, a proposta de En Marea tamén se ocupa da situación na que se encontra o porto coruñés, para o que esta iniciativa propón o seguinte:

"2. En relación coa situación da Autoridade Portuaria de A Coruña, e dada a súa especial relevancia, tanto en termos de débeda como das previsións para a súa amortización en relación coa venta de terreos da súa fachada marítima-portuaria :

2.1 Instar ao Goberno do Estado a condonar o préstamo concedido por Puertos del Estado á Autoridade Portuaria da Coruña para a construción do Porto Exterior de Punta Langosteira, ou, no seu caso, conceder as axudas económicas equivalentes ou as medidas procedentes que se acorden, conducentes, en calquera caso, á amortización efectiva e global de dito préstamo, acordando para isto a aprobación dos actos e disposicións normativas e orzamentarias que correspondan para o exercicio 2019.

2.2 Instar ao Ministerio de Fomento a convocar, no menor prazo, a Comisión de Seguimento do Convenio de febreiro de 2004 co fin de negociar un protocolo de colaboración que, teña por obxecto a revisión dos convenios de 2004 e, con ela, a do PXOM do 2013, sobre o fundamento e a definición dun novo horizonte litoral e portuario para a cidade, baseado nos seguintes principios básicos: titularidade e xestión pública dos terreos, equipamentos dotacionais e espazos libres públicos e usos produtivos portuarios complementarios.

2.3 Instar ao Ministerio de Fomento, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, ADIF, ao Concello da Coruña e a propia Xunta de Galicia, constitúa un ente público como forma de participación e xestión dese novo horizonte litoral.

2.4 Instar ao Ministerio de Fomento e Portos do Estado a impulsar e financiar a execución da conexión ferroviaria do Porto Exterior de Punta Langosteira sen aportación económica da Autoridade Portuaria da Coruña e, a tal efecto, demandar a correspondente inclusión de orzamento axeitado e suficiente, tanto no Plan de Investimentos de Portos do Estado e ADIF como na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o 2019, de xeito que poida ser licitada no primeiro semestre de dito exercicio. Do mesmo xeito, instar ao conxunto de administracións e entidades portuarias estatais competentes a incrementar os esforzos na plena operatividade, conectividade e promoción internacional do Porto Exterior.

3. Que solicite, a través dos seus representantes no Consello de Administración das autoridades portuarias galegas, a celebración de cadanseu Consello de Administración extraordinarios para que formalmente se dirixan ao Ministerio de Fomento-Portos do Estado co obxectivo de demandar o sinalado nos apartados 1 e 2 do presente acordo.

4. Trasladar o presente acordo ao Concello da Coruña, Ministerio de Fomento, Portos do Estado, Autoridades Portuarias dos portos de interese xeral do Estado en Galiza, ADIF, así como ás Cortes Xerais e aos grupos parlamentarios de Congreso e Senado. ”

Comentarios