O Partido Popular pide que CA “actúe de forma urxente no remate da acometida eléctrica nas proximidades do Ceip Monte dos Postes"

O Partido Popular pide que CA “actúe de forma urxente no remate da acometida eléctrica nas proximidades do Ceip Monte dos Postes"

O Grupo que dirixe Agustín Hernández fai xa meses “que ten denunciando unha serie de deficiencias na contorna deste centro escolar"

O Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno deste mes de setembro un novo rogo para que o Goberno de Compostela Aberta “actúe de forma urxente no remate da acometida eléctrica nas proximidades do Ceip Monte dos Postes, sobre todo, tendo en conta o inminente inicio do curso académico”.

O Grupo que dirixe Agustín Hernández fai xa meses “que ten denunciando unha serie de deficiencias na contorna deste centro escolar, pero o Goberno de Martiño Noriega continúa facendo oídos xordos das reclamacións dos veciños de Santiago”. “Para o Goberno Municipal sempre é máis doado confiar na deusa fortuna, como no caso da falta de rozas en áreas de perigo de lumes, que poñer solucións, tal como corresponde a súa tarefa de Goberno”.

“É sorprendente que o Executivo de CA considere que unha acometida eléctrica que leva varios meses en situación perigosa e provisional non sexa motivo de preocupación, a pesar de que esta situación comporta un perigo potencial polo elevado tránsito peonil e, especialmente, escolar nas proximidades da entrada do mencionado Ceip Monte dos Postes, na rúa Valiño”.

Xa co remate do pasado curso escolar, os Populares “presentamos unha iniciativa para que o Goberno de Martiño Noriega levara a cabo varias actuacións de mellora na contorna deste colexio, tendo en conta a gran afluencia de persoas que transitan por aquela zona polo discorrer do Camiño Francés e, sobre todo, pola presenza do alumnado que a diario acode ao referido centro escolar”.

O Grupo Municipal Popular “considera incomprensible a falta de sensibilidade po Goberno de Compostela Aberta ante unha problemática que pode acarrear unha desgraza irreparable, polo que o equipo de Goberno debería prestar unha maior atención xa que estamos a falar das proximidades da entrada dun colexio público”. 

Comentarios