Os sindicatos rexeitan a oferta do Concello de Ourense de incrementar 11 prazos o servizo de Bombeiros

Os sindicatos rexeitan a oferta do Concello de Ourense de incrementar 11 prazos o servizo de Bombeiros

O Goberno Municipal considera que dotar con 11 efectivos máis a través dun proceso de selección de persoal interino é o xeito máis áxil e con maiores garantías para reforzar na maior brevidade este servizo esencial

Por segunda vez, a maior parte dos sindicatos presentes na mesa de negociación, votou en contra de que o Concello de Ourense reforce o servizo de Bombeiros con 11 novas prazas de funcionarios interinos. 

Esa negativa producírase o pasado 31 de xullo e, debido a que a lei así o require, convocouse unha segunda mesa de negociación para volver a votar este asunto, a cal celebrouse hoxe mesmo.

Non obstante, pese ao rexeitamento expreso de USO, CSIF, CCOO, UGT e SPPME, o Goberno Municipal activará o procedemento para reforzar este servizo con 11 novos efectivos, habida conta que o proceso de selección garante que a súa capacitación será a mesma que a esixida para os funcionarios de carreira.

O Goberno Municipal considera que dotar con 11 efectivos máis -a través dun proceso de selección de persoal interino- é o xeito máis áxil e con maiores garantías para reforzar na maior brevidade este servizo esencial, tendo en conta, ademáis, as innumerables queixas verquidas públicamente polos propios Bombeiros de Ourense respecto á escaseza da súa plantilla. 

Ante a negativa dos sindicatos a reforzar esa plantilla, ao Goberno Municipal asáltanlle as dúbidas sobre a veracidade de ditas queixas, mais a decisión de seguir adiante co proceso de selección de interinos é firme toda vez que prevalece a necesidade de reforzar un servizo que é esencial para a seguridade.

Comentarios