En Marea esixe en A Estrada un ampliación do persoal de Sanidade para mellora a atención en todos os sevizos

En Marea esixe en A Estrada un ampliación do persoal de Sanidade para mellora a atención en todos os sevizos

Móvete pide que o Concello de A Estrada pida un incremento dos orzamentos para atención primaria e ao Parlamento de Galicia que poña en marcha unha comisión de investigación sobre o sucedido no PAC

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a voceira de Móvete, Mar Blanco, reclamaron en A Estrada que a Xunta de Galicia cumpra a normativa que ten establecida a propia Consellería de Sanidade sobre a dotación de persoal facultativo nos PAC’s e na que se establece que estes centros non poden quedar sen equipos facultativos, como ocorreu o pasado mes de agosto, cando un paciente que acudiu ao PAC morreu no mesmo centro sen recibir a atención por falta de facultativos.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, sinalou que a situación vivida no PAC de A Estrada é o resultado “dunha política de recortes, dos malditos recortes que está empobrecendo a calidade da atención e que está causando mortes, porque os recortes causan mortes”. Villares considera que é “inaceptable que ocorrese esta morte na Estrada e que nin o presidente da Xunta nin o conselleiro de Sanidade teñan reaccionado a un feito tan grave como o acontencido”. O voceiro de En Marea sinalou que é necesario “crear unha comisión de investigación para que estas cousas non volvan ocorrer”. No mesmo sentido, Villares volveu a pedir un incremento do orzamento para a Consellería de Sanidade “para que poida incrementar as plantillas de persoal e que se preste unha correcta atención ás galegas”. Luís Villares apuntou que este incremento pode resolverse “mediante unha modificación de crédito que permita esa mellora no orzamento”.

Villares lembrou na comparecencia nos medios de comunicación que a consellería “recoñeceu que non había facultativos nesa tarde no PAC de A Estrada” ao tempo que sinalou que as “excusas dadas tanto por Feijóo como polo conselleiro son de mal pagador”, porque tal como sinalou o voceiro de En Marea “se a consellería cumprirá coa súa propia normativa non tería acontencido unha morte”. Villares preguntouse se a Sanidade lle saía a conta eses aforros en persoal.

No mesmo sentido, a voceira de Móvete e concelleira de A Estrada explicou as petición que presentará ao pleno municipal e que van na liña do manifestado por En Marea no pleno do Parlamento de Galicia polo seu voceiro. Mar Blanco leva ao Concello de A Estrada a petición de instar ao goberno da Xunta de Galicia a incrementar o orzamento da Consellería de Sanidade para mellorar a atención primaria e ofrecer unha atención de calidade nos centros estradenses.

Como segundo punto, Móvete tamén pediu que se poña en marcha no Parlamento de Galicia unha comisión de investigación que estude o sucedido no PAC estradense e que estableza as medidas que se poidan tomar para que esta situación non poida volver a darse en ningún lugar do país. Como parte desta proposta de Móvete de A Estrada, Mar Blanco explicou tamén que é imprescindible rexeitar os recortes acometidos en Sanidade por parte do goberno de Feijóo, “uns recortes que están na orixe da perda de calidade da atención e tamén na orixe do sucedido o pasado mes de agosto en A Estrada”.

Mar Blanco tamén asegurou que as reclamacións que Móvete formalizará no pleno do concello pretenden conseguir que “non volvan darse situacións como a deste verán”. Blanco apuntou que aínda que desde o Concello se diga que non é un asunto local, “o certo é que afectou e afecta aos veciños de A Estrada.

Comentarios
Lo más