Os traballadores de Erimsa lamentan a falta de atención da Xunta de Galicia e expresan o seu temor polo futuro da empresa

Os traballadores de Erimsa lamentan a falta de atención da Xunta de Galicia e expresan o seu temor polo futuro da empresa

O Comité de Empresa intentou, en balde, reunirse con os Directores Xerais de Medio Rural e Industria para contribuír a desbloquear as novas concesións de explotación

O Comité de Empresa de Erimsa expresa o seu temor a que a compañía decida transladar a actividade fora de Galicia, no caso de que a Xunta de Galicia non desbloquee os permisos necesarios para seguir extraendo cuarzo.

De non solucionarse esta parálise, pola que, segundo manifestou públicamente a compañía, “se ha visto obligada en contra de su voluntad a presentar un Expediente de Regulación de Empleo Temporal, que entrará en vigor el 1 de enero de 2019”, os traballadores temen que a pérdida dos postos de traballo sexa irrevogable, co consecuente prexuizo para eles e as súas familias.

Dende o Comité de Empresa "manifestamos o noso absoluto desacordo con esta decisión, adoptada pola Dirección, dado que Erimsa, mais aló do centro de producción de Frades, posúe outras plantas que sí xeneran beneficios. Entendemos que podería terse buscado unha solución menos dañina, que non conlevara a presentación dun ERTE".

"O pasado 2 de agosto, remitimos unha carta á Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e ao Director Xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, na que lle solicitábamos unha reunión urxente. O propósito da mesma era transladarlles aos Directores a nosa gran preocupación, de forma que puideran contribuír a poñer fin ao bloqueo e atraso administrativo que pesa sobre as futuras concesións de Erimsa, dado que as actuais están chegando ao punto de esgotamento das reservas".

Conscientes da extrema gravidade da situación, froito de meses sen avances, o escrito recollía "o noso desexo de que se puidera alcanzar un punto de entendemento, confiados en que a Xunta de Galicia tería en conta tanto a precariedade do noso futuro laboral como a conveniencia de intervir para que non se malograra a nosa actividade", afirman.

Con todo, ata a data, "non temos recibido resposta de ningunha das Consellerías, o que nos leva a entender que non existe vontade de celebrala reunión solicitada, e que non lograremos nada por dita vía".

Esta postura "contrasta co apoio que nos trasladan dende o Concello de Frades, por mediación do seu alcalde, Roberto Rey, quen recordou que a maioría dos empleados de Erimsa afectados polo ERTE residen neste Concello e na Comarca de Ordes".

"Durante trinta anos moitos de nós traballamos nas labores dentro das fincas co máximo respecto ás mesmas, recuperándoas a gusto dos propietarios e sendo sempre felicitados polos mesmos ao remate , polo que non entendemos o rechazo a nosa actividade por parte dunha minoría de empresas ou entidades da comarca, que con cuantiosas subvencións dende a Administración Pública, empregan unha parte deses recursos en transladar falsedades á opinión pública para obstaculizar o proceso que garantice os nosos empregos".

Ademais, afirman que "os nosos postos de traballo son complementarios aos que xera a actividad agrícola y gandeira. A nosa actividade, ao longo dos anos, non destruíu ningún posto de traballo no rural, na maior parte das ocasións contribuímos a xerar novas terras de cultivo ou a mellorar as condicións dos terreos onde traballamos".

Comentarios
Lo más