A compactadora do Franco recolleu máis de 180 toneladas de lixo

A compactadora do Franco recolleu máis de 180 toneladas de lixo

O ano pasado, en agosto, a compactadora recibira 54.440 quilos de residuos

A compactadora de lixo instalada en Fonseca para darlle servizo fundamentalmente ao sector hostaleiro do Franco e da Raíña recolleu máis de 180 toneladas de lixo entre xaneiro e agosto. Son 30 toneladas máis que no mesmo período do ano anterior.

A compactadora foi instalada no ano 2016, de acordo co sector hostaleiro, e co obxectivo de minimizar os problemas de acumulación de lixo na cidade histórica. Dende a súa posta en marcha, o sistema é cada vez máis utilizado, sobre todo polos negocios de restauración das rúas do Franco e da Raíña. No pasado mes de agosto, a compactadora recibiu 50.960 quilos de lixo, cunha media de 1.664 quilos diarios, O pasado foi o mes con máis depósito, por riba de xullo, con 37.600 quilos; maio, con 25.820; e xuño, con 22.040. No que levamos de ano, o mes con menos uso da compactadora foi febreiro, con 4.360 quilos e unha media de 156 diarios.

O ano pasado, en agosto, a compactadora recibira 54.440 quilos de residuos. Ese foi o único mes de 2017 no que se superaron os rexistros deste 2018. En xullo depositáranse 24.900 quilos; en xuño, 10.760, e en maio, 10.760. En 2017, o dato máis baixo foi tamén o de febreiro, con 3.400 quilos depositados na compactadora do Franco. 

Comentarios