Compromiso propón actuacións de mellora nas pistas municipais de tenis de As Cancelas

Compromiso propón actuacións de mellora nas pistas municipais de tenis de As Cancelas

Urxe actuar no chan das pistas e dotalas de máis puntos de luz

Compromiso reclama acometer obras de mellora nas pistas municipais de tenis das Cancelas e unhas normas de uso das mesmas. Na actualidade o firme atópase en mal estado, cheo de fendas e a instalación ten falta de iluminación e mantemento. Precisamente a carencia dunha boa iluminación fai que, fóra do período de verán, non poidan ser usadas máis aló das seis da tarde.

Dende a formación galeguista piden un mellor mantemento e unhas normas de uso das mesmas, xa que é habitual ver usuarios usando as pistas para outro tipo de deporte que non e o tenis ou facendo un uso insolidario das mesmas. Dende Compromiso tamén denuncian a falta de limpeza e de recollida de lixo, que leva a que as papeleiras estean sempre cheas, polo que a basura cae ao chan e acaba no fondo das pistas. Esta instalación, que e usada por un gran número de usuarios en época de verán e fin de semana, quédanse pequenas. 

Compromiso pide unha ampliación das mesmas ou a construción doutras pistas municipais gratuítas na contorna próxima en terreos municipais xa que o Concello dispón de terreos a escasos metros sin uso definido, “máis aínda cándo se fala dunha Cidade da Raqueta que, precisamente non ten prevista acoller ningunha instalación para a práctica do tenis”.

Comentarios