Xornada de estabilidade con temperaturas veraniegas

Xornada de estabilidade con temperaturas veraniegas

Compostela acadará unha mínima de 15ºC e unha máxima de 28ºC

O venres Galicia seguirá baixo a influencia anticiclónica e con circulación do nordés. Con esta situación, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados en xeral, con nubes e claros no terzo norte e bancos de néboa matinais no interior. 

As temperaturas quedarán sen cambios significativos. Compostela acadará unha mínima de 15ºC e unha máxima de 28ºC.

O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos de moderado entre Fisterra e Estaca de Bares.

Comentarios