Ferida de gravidade unha muller tras ser atropelada por un tren

Ferida de gravidade unha muller tras ser atropelada por un tren

Foron varias as persoas que, pasadas as dez da noite de onte, se puxeron en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para a muller

Unha muller foi evacuada onte ao Hospital Álvaro Cunqueriro de Vigo para ser tratada das lesións provocadas polo golpe dun tren no Porriño.

Foron varias as persoas que, pasadas as dez da noite de onte, se puxeron en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para a muller, que foi alcanzada por un convoi á altura dun paso a nivel da Avenida de Bos Aires.

Decontado, o persoal do 112 informou aos servizos sanitarios de urxencia, que atenderon á ferida con diversas fracturas, aínda que consciente.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a intervención dos axentes da Policía Local e informouse ao centro de seguridade de ADIF e á Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias do suceso.

Unha vez trasladada a muller, o tren reanudou a marcha e o tráfico ferroviario reactivouse novamente.

Comentarios
Lo más