Educación nas III Xornadas de Diversidade Sexual

Educación nas III Xornadas de Diversidade Sexual

A cita contará tamén cunha mesa redonda sobre os dous anos do protocolo educativo sobre identidade de xénero

Un ano máis a Facultade de Ciencias da educación da USC e os colectivos Arelas e Ultreia poñen en marcha hoxe sábado 15 as Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a educación ‘Unha oportunidade para Transformar a sociedade’, nesta terceira edición centradas no ámbito educativo.

O encontro, a desenvolver no salón de actos da sede da facultade no Campus Vida e con entrada libre, a profesora especialista en diversidade LGTBI e violencia de xénero e igualdade Kika Fumero falará dos restos da educación na construción normativa de identidades de xénero e sexualidades disidentes, mentres que Marina Echebarría Sáez, profesora da Universidade de Valladolid, fará o propio coa intervención ‘Realidades LGTBI na Universidade: dificultades e retos’.

A cita contará tamén cunha mesa redonda sobre os dous anos do protocolo educativo sobre identidade de xénero na que participarán representantes do ámbito educativo, da Xunta de Galicia e de ARELAS. O programa complétase con dúas mesas de experiencias con boas prácticas de igualdade e diversidade LGTBI nas aulas e no ámbito académico e universitario.

Comentarios