Rescatada unha muller que caíu nunha zona illada do concello de Covelo

Rescatada unha muller que caíu nunha zona illada do concello de Covelo
Rescatada unha muller que caíu nunha zona illada do concello de Covelo

Para poder acceder á ferida, foi necesario un vehículo especializado da Garda Civil coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea

Os servizos de emerxencias rescataron esta mañá a unha muller que sufriu unha caída cando se atopaba nunha zona illada do Lugar de San Breixo, no concello pontevedrés de Covelo.

Para poder acceder á ferida, foi necesario un vehículo especializado da Garda Civil coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea. 

Preto da aldea, agardaba unha ambulancia para ofrecer á doente os primeiros coidados debido á posible fractura de perna que presentaba.

O 112 Galicia activou o operativo ás 9:40 horas de hoxe tras a alerta recibida por parte dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que precisaban de máis medios para poder achegarse á muller de avanzada lesionada tras unha caída fortuita no monte.

Comentarios
Lo más