O Concello de Ordes destina 24.000 € ás axudas para a adquisición de material escolar

O Concello de Ordes destina 24.000 € ás axudas para a  adquisición de material escolar
O Concello de Ordes destina 24.000 € ás axudas para a adquisición de material escolar

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de outubro

Ata o vindeiro 11 de outubro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo de solicitude para as axudas de material escolar. A convocatoria publícase no BOP de hoxe venres. Este ano o Departamento de Educación destina 24.000 euros, 6.000 € máis con respecto ao ano pasado, para as familias que estean empadroadas e residan no municipio. Tamén é requisito indispensable que o alumnado estea escolarizado no municipio nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos.

Para calquera consulta pódese chamar ao 981680002 ou ben ampliar a información a través dos seguintes enlaces: www.ordes.gal e ( http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/09/14/2018_000000667 7.pdf ).

Comentarios
Lo más