A AECC Ordes celebra a súa VIII Comida Baile Solidaria

A AECC Ordes celebra a súa VIII Comida Baile Solidaria

Terá lugar o domingo 14 de outubro no restaurante Barreiro, na parroquia de Leira. 

O domingo 14 de outubro ás 14.30 horas a AECC Ordes celebrará a súa VIII Comida Baile Solidaria, que como de costume terá lugar no restaurante Barreiro. As entradas pódense mercar xa no mesmo restaurante así como no bar Salón (Ordes) por un importe de 30 €. Para desprazarse ata o restaurante situado na parroquia de Leira, e grazas á colaboración de Autos Rogelio, porase un servizo gratuíto de autobuses que partirá da Alameda de Ordes ás 14 horas.

Un ano máis o sector comercial de Ordes colabora con esta cita, unha das máis relevantes do panorama social local, cedendo agasallos e produtos para ser sorteados entre as persoas asistentes.

Por outra banda, e tamén organizada pola xunta local ordense da AECC, o vindeiro luns 8 de outubro terá lugar a charla Coñecendo o cancro, que debemos saber. A cita será en Frades, no edificio multiusos ás 17 horas. A asistencia será de balde para calquera persoa interesada.

Como relator estará o psicólogo da AECC Marcos Calvo. Para máis información pódese chamar ao 981142740 ou enviar un correo electrónico a acoruna@aecc.es

Comentarios
Lo más