Arde un local comercial na Coruña

Arde un local comercial na Coruña

O local quedou totalmente calcinado

Un incendio declarado esta tarde nun baixo na cidade da Coruña provocou que ardese por completo o local.

Uns minutos antes das 15:30 horas, varios particulares alertaban ao 112 Galicia de que vían saír fume dun baixo, na rúa da Cordelería, no número 41.

A partir de aí, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local e de Protección Civil.

Unha vez no lugar do incendio, a dotación sufocou o lume, que deixou o local totalmente calcinado.

Comentarios