O Welcome Day recibe hoxe máis de 300 estudantes de 40 países

O Welcome Day recibe hoxe máis de 300 estudantes de 40 países

A xornada dará comezo ás 12.30 horas

O Servizo de Relacións Exteriores da USC reúne hoxe sábado 15 nos xardíns de Fonseca máis de 300 estudantes procedentes de preto de 40 países. Un ano máis, a USC celebra o International Students Welcome Day, un evento para recibir o alumnado de fóra que estudará na USC este curso académico.

A xornada dará comezo ás 12.30 horas cunha benvida institucional a cargo do reitor da USC, Antonio López Díaz, o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce Vazquez, e o concelleiro de Eduación e Ciddanía de Santiago, Manuel Dios Diz.

O evento, que se prolongará ata as 17:30 horas, conta con diferentes actividades encamiñadas a presentar a universidade compostelá e a cultura galega ao novo alumnado. Así, haberá dinámicas de grupo para provocar a interacción dos participantes, un concerto de música tradicional galega e un DJ Set.

Eses máis de 300 estudantes que este semestre se achegan á USC proceden maioritariamente México, China, Italia e Alemaña, pero tamén se recibe alumnado de países tan afastados como Afganistán, República de Corea, Australia, Xapón ou Xordania.

Comentarios