Os problemas pola falta de profesorado no IES de Brión non parecen ter unha solución cercana

Os problemas pola falta de profesorado no IES de Brión non parecen ter unha solución cercana

Unha representación dos pais conseguiu entrevistarse con Román Rodríguez esta mañá mentres continúa o peche no centro pola falta de profesorado

Os problemas no IES de Brión parace que van a continuar. As necesidades educativas do centro requiren a incorporación de dez novos profesores, aos que a Consellería de Educación respondeu enviando a sete. Estos son insuficientes ante o proxecto educativo que quere ofrecer o seu xa ex director, Antonio Caneda. Este, decidiu dimitir da dirección do centro pola imposibilidade e os recursos insuficientes para ofrecer ao alumnado e aos pais unha educación de calidade. 

Unha representación dos pais conseguiu entrevistarse con Román Rodríguez esta mañá mentres continúa o peche no centro pola falta de profesorado. O titular de Educación insistiu en que “non se tomaron decisións arbitrarias”, que se “aplica o mesmo criterio para tódolos centros” e que os informes da inspección din que "todo está ben, que se cumplen os ratios". 

As familias discrepan desta interpretación tal e como quedou claro na multitudinaria asemblea celebrada na tarde de onte no centro educativo. Ademais, nesa asamblea acordouse por unanimidade que o luns non comezarán as clases no IES de Brión, é dicir, o alumnado non irá ó centro se non existe un profesorado necesario para garantir un ensino de calidade. As familias afectadas, decidiron darlle máis tempo á Consellería de Educación para que reconsidere a decisión de non incrementar ao porfesorado. 

 A visita da Inspectora, dona Carme Ares, na mañá do venres "so serviu para incrementa-la decepción e o enfado na comunidade educativa do IES", afirman. Carmen Ares insistiu en que o centro " pode funcionar perfectamente coa mesma cifra de docentes do ano pasado ”. Considera que o IES de Brión é “un dos que máis asignaturas optativas ten” así que, a súa receita é "recortar". 

Por outra parte, o director do centro informou na noite pasada que vense obrigados a configurar horarios nos que non haberá espazo para a atención á diversidade nin para aignaturas optativas que se viñan impartindo no centro con gran éxito. 

As decisións non están tomadas, pero sen os tres profesores que solicita a dirección, non se poderá formar grupo de reforzo educativo en 3º da ESO (o PEMAR), nin tampouco haberá asignaturas en Bacharelato como robótica. Cómpre lembrar que o IES de Brión recibiu premios da Fundación Telefónica, a Universidade Pompeu Fabra, o Colexio de Enxeñeiros de Galicia ou da propia Xunta entre outras institucións precisamente por proxectos desenvolvidos a partir desta materia. 

As familias secundan esa decepción do equipo directivo e insisten ademáis no risco de que coa masificación dos grupos de 4º da ESO aumente a conflictividade: conformaríanse so dous grupos, con 31 e 30 alumnos respectivamente. O curso pasado, con 57 estudantes en 4º formáronse tres grupos que acadaron os mellores resultados académicos nese nivel no IES en moitos anos. 

As aulas o luns seguirán valeiras. A directiva da ANPA Pedra Aviada afirmou que "non imos participar nunha presentación de grupos que non atenden ás necesidades do alumnado". Ademais, manterase tamén sen data de finalización o peche de representantes das familias no centro, canda outras accións. 

Comentarios