Galicia intégrase na Mesa Técnica Interinstitucional do Camiño de Santiago

Galicia intégrase na Mesa Técnica Interinstitucional do Camiño de Santiago

Analizarán posibles proxectos de cooperación entre administracións no horizonte do Xacobeo 2021

O director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participa esta semana na xuntanza promovida pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago Francés, onde se analizan posibles proxectos de cooperación entre administracións no horizonte do Xacobeo 2021. Galicia intégrase así na Mesa Técnica Interinstitucional xunto a diversos gobernos autonómicos, deputacións e concellos co obxectivo de compartir boas prácticas na xestión e gobernanza sustentable arredor da peregrinación xacobea.

A coordinación e organización administrativa é un aspecto fundamental do Plan director do Camiño de Santiago, ao que dedica a súa liña estratéxica liña 1. O fomento da cooperación neste eido revelouse esencial nos últimos anos e estase a fortalecer con decisións como a constitución tanto da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 como do Grupo de Traballo Ano Santo 2021 do Consejo Jacobeo, ambos xa en marcha desde a pasada primavera. No caso da Mesa Técnica Interinstitucional do Camiño de Santiago, o encontro mantido en León permitiu sinalar obxectivos e retos, establecer unha metodoloxía de traballo e coñecer as estratexias territoriais, onde Galicia puido detallar os numerosos avances xa realizados.

Comentarios
Lo más