Compromiso propón que o concello programe visitas guiadas gratuitas para escolares ao Pórtico da Gloria

Compromiso propón que o concello programe visitas guiadas gratuitas para escolares ao Pórtico da Gloria

O patrimonio ten que ser unha ferramenta cultural, educativa e gratuíta



Dende a agrupación local de Compromiso propoñen un programa de visitas guiadas gratuítas para os centros escolares de primaria e secundaria de Santiago e Comarca. Coa apertura do curso e o remate das visitas gratuítas faise imposible que os escolares poidan acceder a visitar o Pórtico da Gloria, unha parte moi importante do noso patrimonio artístico, histórico e cultural. 

Dende a formación galeguista propoñen que, por medio do departamento de educación, se leve a cabo un programa de visitas guiadas gratuítas para que poidan ser aproveitadas didacticamente polos escolares, xa que sería impensable poder visitalo facendo cola cos longos tempos de espera e moito menos coa formula de pagamento que se vai implantar a vindeira semana. “É importante poder aprender Santiago vivindo a nosa cidade”, afirman desde Compromiso.

Comentarios
Lo más