A Xunta participa na iniciativa posta en marcha polo concello de Mos en prol da loita contra a Violencia de Xénero

A Xunta participa na iniciativa posta en marcha polo concello de Mos en prol da loita contra a Violencia de Xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella asistiu hoxe á xuntanza que tivo lugar nas Ilas Cíes e que reuniu a máis de 540 mulleres dos concellos de Mos, Avión e Melón

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou hoxe nas Xornadas de convivencia con 540 mulleres organizadas pola Asociación de mulleres do concello de Mos, Melón e Avión en prol da loita contra a violencia de xénero e a defensa da igualdade entre mulleres e homes.

Susana López Abella e a alcaldesa da Mos, Nidia Arévalo indicaron que esta iniciativa ‘SoMos Mulleres, SoMos Libres’ ten obxectivo a prevención e erradicación da violencia de xénero, así como a posta en valor da importancia do papel da muller na sociedade..

A Secretaria Xeral, Susana López Abella, destacou a importancia de traballar pola promoción da igualdade con iniciativas coma esta. Salientou tamén o peso do movemento asociativo feminino e a aposta pola formación, pola información, polo emprendemento e a conciliación para eliminar as discriminacións por razóns de xénero.

Pola súa banda a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou que “o de Mos é un Concello con numerosas políticas e medidas en materia de igualdade, accións que se incrementan progresivamente con iniciativas coma esta, do que dende a administración local sentímonos moi orgullosos”.

“Perséguese polo tanto, con todas as acción que emprendemos en materia de igualdade, entre as que se atopa a xuntanza en Cíes, o obxectivo dunha maior prestación de servizos encamiñados a promover e executar actuacións para facer efectivo o dereito a igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, así como mellorar os servizos de atención persoal e asesoramento ás mulleres que o necesiten”. segundo indicou a rexidora mosense, Nidia Arévalo.

As máis de 540 mulleres levaron a cabo esta actividade co obxectivo principal da prevención e erradicación da violencia de xénero, así como a posta en valor da importancia do papel da muller. 

Comentarios