Solidarizándose co Alzhéimer na Estrada

Solidarizándose co Alzhéimer na Estrada

Isabel Gey destacou a necesidade de visibilizar esta problemática e o alcalde López Calvo amosou a súa “satisfacción” polo respaldo recibido pola cidadanía

Máis de 250 persoas acudiron onte a chamada da Asociación Galega de Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer, AGADEA formando unha gran marea verde que percorreu A Estrada.

A II Andaina ‘Camiños de Memoria’ consolídase como unha das citas solidarias do ano na comarca superando o seu obxectivo de participación e con el o de visibilizar o Alzhéimer e achegalo a toda a sociedade. De feito, na andaina participaron numerosas familias, dende os máis cativos, dous nenos de catro anos, ata a persoa de maior idade inscrita, de 75 anos. 

Todos vestiron a camiseta verde coa que AGADEA os agasallou e moitos pasaron polo Photocall para deixar constacia do seu apoio.

O ‘pistoletazo’ de saída foi dado pola presidenta de AGADEA, Isabel Gey que estivo acompañada polo alcalde da Estrada, José López Calvo e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar.

Isabel Gey destacou a necesidade de visibilizar esta problemática e o alcalde López Calvo amosou a súa “satisfacción” polo respaldo recibido pola cidadanía, a vez que agradeu a AGADEA esta iniciativa así como o seu traballo no Centro de estimulación terapéutica que dende hai anos na vila.

Os 250 inscritos na andaina dividíronse en dous grupos, un para realizar unha ruta de 4 quilómetros e outro de maior percorrido, 8 quilómetros ámbolos dous de dificultade baixa e que se realizou nun ambiente festeiro.

Mentras, na Praza do Concello houbo actividades de sensibilización amenizadas coa actuación do grupo de folk Regatos. Finalmente está previsto a realización dun sorteo entre todos os participantes que foi posible grazas o enorme apoio e a implicación recibida por parte de pequenos e grandes comercios e entidades da Estrada e toda a comarca.

Este é un dos numerosos eventos con que AGADEA conmemora o Día Mundial do Alzhéimer, que se celebra cada 21 de setembro debido a que nesta data, en 1901, diagnosticouse o primeiro caso da doenza.

Estímase que en Galicia hai 100.000 posibles casos de demencia e calcúlase que entre un 5% e un 8% da poboación xeral de 60 anos ou máis sobre demencia nun determinado momento.

A finalidade de Agadea é dar apoio e información ás familias, dispondo de 5 centros de estimulación terapéutica, un deles na Estrada e un centro de día, en Ribeira.

Comentarios
Lo más