Atopadas en perfecto estado dúas persoas perdidas mentres realizaban a Ruta da Ría Mao, en Parada de Sil

Atopadas en perfecto estado dúas persoas perdidas mentres realizaban a Ruta da Ría Mao, en Parada de Sil

Os afectados enviaron as coordenadas da súa posición, mais a dificultade do acceso á zona na que se atopaban complicou a chegada dos servizos de emerxencias

En perfecto estado de saúde dúas persoas que onte se perderon mentres realizan a Ruta da Ría Mao, en Parada de Sil.

O punto de referencia era a Fábrica da Luz, desde onde subiron a San Lorenzo, pero, nalgún momento colleron unha vía equivocada e chegaron a un punto de moi difícil acceso, perdidos no medio do monte. 

Cando viron que non podían continuar, chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. Eran as nove da noite de onte. A partir desde momento, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activouse un operativo no que participaron os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil.

Para facilitar a súa localización, os afectados enviaron as coordenadas da súa posición, mais a dificultade do acceso á zona na que se atopaban complicou a chegada dos servizos de emerxencias. 

Finalmente, cando estaba a piques de dar a medianoite, os voluntarios de Parada de Sil lograron xuntarse cos excursionistas que se atopan en perfecto estado de saúde.

Comentarios