Un taller no viveiro da Cámara de Comercio analizará a financiamento para a creación de novas empresas

Un taller no viveiro da Cámara de Comercio analizará a financiamento para a creación de novas empresas

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrará hoxe luns, día 17, e ata o venres 21 un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial” no viveiro de empresas de Costa Vella, en horario de 10:00 a 14:00 horas. 

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. A actividade está destinada a socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral.

O taller ten por obxecto que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel. 

Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de presentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.


Comentarios
Lo más