Desvíos do transporte urbano polas obras na rúa de Carme de Abaixo

Desvíos do transporte urbano polas obras na rúa de Carme de Abaixo

Os vehículos serán desviados por Monte Pío, Casas Novas e Galeras

Con motivo da realización de obras de reparación do pavimento, dende o martes 18 ata o martes 25 de setembro vai permanece cortada ao tráfico a rúa do Carme de Abaixo. Os vehículos serán desviados por Monte Pío, Casas Novas e Galeras.

Desvío da liña P1 do transporte urbano

A partir das 8:00 do martes 18 a liña P1 realizará os desvíos que se indican (a previsión de finalización das obras é o martes seguinte, día 25, se ben a liña recuperará a normalidade cando a rúa volva estar aberta ao tráfico):

Sentido Est. de autobuses - Folgoso:

A liña despois da rúa do Pombal desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruce con Monte Pío.

Sentido Folgoso - Est. de autobuses:

A liña realizará o seu itinerario habitual ata o cruce con Monte Pío, desviándose por esta rúa, costa de Casas Novas, Galeras e retomará itinerario a partir da rúa do Pombal.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (163) Carme de Abaixo 1 e (225) Cruceiro de Gaio, sent. centro. As paradas alternativas máis próximas serán a parada do cruce entre Carme de Abaixo e Monte Pío e a parada 267, Galeras nº 5.

Comentarios