Incendio activo no concello de Lobios, en Ourense

Incendio activo no concello de Lobios, en Ourense

O lume comezou esta tarde ás 18,49 h. e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de cinco hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello de Lobios, parroquia de Manín, que afecta o parque natural do Xurés.

O lume comezou esta tarde ás 18,49 h. e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de cinco hectáreas. No lugar levan traballado 3 axentes, 13 brigadas, 5 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións.

Vilariño de Conso

Permanece estabilizado o lume rexistrado no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afecta o parque natural do Invernadeiro. O incendio comezou o venres ás 16,42 h. e quedou estabilizado onte ás 20,45 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 32 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 2 técnicos, 23 axentes, 61 brigadas, 25 motobombas, 1 pa, 15 helicópteros e 8 avións.

Comentarios