O emprendemento feminino eixe central secretaría xeral de Igualdade

O emprendemento feminino eixe central secretaría xeral de Igualdade
O emprendemento feminino eixe central secretaría xeral de Igualdade

Segundo López Abella, equilibrar os nomeamentos en postos de primeiro nivel mellorará, sen dúbida, a eficiencia e a competitividade das empresas galegas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou o compromiso do Goberno galego para fomentar o emprego feminino e apoiar as iniciativas empresariais promovidas por mulleres; así como para acadar unha participación equilibrada de mulleres e homes en postos de responsabilidade.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou onte en Santiago de Compostela no I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades organizado pola Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago e pola Asociación de Altas Capacidades de Galicia.

Segundo López Abella, equilibrar os nomeamentos en postos de primeiro nivel mellorará, sen dúbida, a eficiencia e a competitividade das empresas galegas, así como o benestar, o crecemento económico e a cohesión social. “É un obxectivo prioritario para avanzar en modernidade e para volver á senda do crecemento”, asegurou.

A titular de Igualdade destacou que a mellora das expectativas económicas e de emprego das mulleres ten que ser compatible coa vida privada e familiar. E para poder conciliar a vida laboral coa persoal e familiar é imprescindible impulsar medidas que permitan tanto a mulleres como a homes equilibrar a balanza das responsabilidades nas esferas pública e privada da forma en que mellor se adapte as súas necesidades.

Polo que puntualizou ó respecto que, ademais da formación, tamén é necesario traballar no entorno das empresas e na visibilización das mulleres en postos de responsabilidade para estimular o liderado feminino. Neste sentido, a secretaria xeral de Igualdade afirmou que as mulleres son un piar fundamental na economía e na sociedade.

Comentarios